quinta-feira, 11 de fevereiro de 2016

Froiteiras para trasplantar 2016


Adxuntase o listado de froiteiras que se poden transplantar neste inverno do 2016, que son as que enxertamos con éxito nas xornadas do ano pasado. Entra no seguinte enlace para ver a relación completa:

Listado de froiteiras


Fai a túa reserva no correio tonhovillarino@gmail.com ou no teléfone 630970132 (Toño). As peticións van-se atender por orden de recepción, e van ter preferencia as persoas que participaron nas xornadas formativas do ano pasado. Recomenda-se non pedir máis de tres exemplares dunha variedade.

segunda-feira, 25 de janeiro de 2016

Xornadas de fruticultura. Inverno 2016


As xornadas de fruticultura que vimos organizando nos últimos anos van ter continuidade neste 2016.

As datas previstas para a realización das primeiras son os días 20 e 27 de febreiro e 5 e 12 de marzo.

A temática vai ser a propia das datas: poda e enxerto.

A día de hoxe non temos financiación, polo que é posíbel que a participación non sexa gratuita, como viña sendo habitual. Seguimos buscando.

Se estás interesado/a en participar, apóntate chamando ao teléfone 630970132.


Màis información neste blogue nos próximos días.

sexta-feira, 21 de agosto de 2015

Xornada práctica de enxerto de xema

 

 

Recuperando as variedades locais de froiteiras.

 

Continuando co noso proxecto de recuperación de variedades locais de froiteiras, imos realizar una nova xornada práctica na que aprenderemos e practicaremos o enxerto  de xema.

A xornada vai ter lugar o próximo día 12 de setembro, a partir das 11 da mañá, na finca que vimos utilizando en O Vilar, Santo Adrao (Lourenzá) (mapa Finca de enxertado).

Nesta ocasión imos enxertar mazaeiros e pereiras, nos patróns que deixamos plantados nas xornadas de inverno.

Se coñeces algunha variedade local que consideres interesante recuperar e multiplicar para evitar a súa desaparición, ponte ne contacto con nós.

Se queres participar, anótate no local do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá, ou no teléfono 630970132, antes do día 2 de setembro. As prazas son limitadas.






terça-feira, 10 de fevereiro de 2015

Froiteiras para transplatar 2015



 Xa temos a relación de froiteiras que se poden transplantar neste inverno do 2015. Entra no seguinte enlace para ver a relación completa:

Listado de froiteiras para transplantar


Fai a túa reserva no correio tonhovillarino@gmail.com ou no teléfone 630970132 (Toño). As peticións van-se atender por orden de recepción. Recomenda-se non pedir máis de tres exemplares de cada variedade.



segunda-feira, 22 de dezembro de 2014

Curso de fruticultura: labores de inverno

Seguimos formándonos para disfrutar da fruticultura.


Neste inverno imos realizar un novo curso de fruticultura, cos mesmos obxectivos que vimos perseguindo nos últimos anos: aprender a traballar coas árbores froiteiras e, ao tempo, recuperar e poñer en valor as variedades locais tradicionais.

Esta acción formativa vai dirixida a persoas ocupadas, excepto do sector público, e persoas desempregadas demandantes de emprego.

As datas previstas para a realización do curso son os días 21 e 28 de febreiro e  7 e 14 de marzo. As aulas teóricas van ter lugar na sede do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá.

Os temas  tratar van ser as labores propias do inverno: transplante, poda, enxerto de pua, etc.

Todas as persoas interesadas poden recabar máis información neste blogue, no correio tonhovillarino@gmail.com ou nos teléfones 982121376 e 630970132.









terça-feira, 2 de setembro de 2014

Enxerto de xema en mazaeiros e pereiras




Recuperando as variedades locais de froiteiras.



XORNADA PRÁCTICA DE ENXERTO DE XEMA

Día 13 de setembro de 2014. O Vilar, Santo Adrao, a partir das 11.00 horas




 

O sábado 13 de setembro imos realizar a última das xornadas formativas previstas para este ano.
Nesta ocasión imos practicar o enxerto de xema, ademáis de revisar o estado das froiteiras enxertadas e tratadas nas sesións anteriores.



  


segunda-feira, 10 de fevereiro de 2014

Programa das xornadas de inverno: Poda e enxerto


FRUTICULTURA NA MARIÑA.

Recuperando as variedades locais de froiteiras





Días 22 de febreiro e 1, 8 e 15 de marzo. Lourenzá.



 
22 de febreiro:

 11.00 horas: Presentación das xornadas: Por qué recuperar as variedades froiteiras tradicionais?. Cómo facemos?


16.00 horas: Trasplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.






1  de marzo.

11.00 horas: A poda de formación. Teoría.


16.00 horas: Práctica de poda de formación
















8 de marzo

11.00 horas: Enxerto de cuña en cerdeiras e ameixeiras.


15 de marzo

11.00 horas: Enxerto de cuña en mesa. Mazaeiros e pereiras










O programa pode sufrir cambios derivados de cuestións organizativas.

As partes teóricas van ter lugar no local do SLG de Lourenzá (Rúa Fernández del Riego, nº 5, 1ºC) e as prácticas na finca habitual. 

A acción formativa vai dirixida a persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
  • Persoas ocupadas no mundo rural, calquera que sexa o seu réxime de cotización (RETA, SETA, R.XERAL, REASS) incluíndo a todos/as os/as ocupados/as do sector agrario, agroindustrial, Industria/Artesanía e servizos.
  • Familiares (aínda non estando afiliados á seguridade social) de titulares dunha explotación agraria afiliado/a como agricultor/a por conta propia
  • Persoas desempregadas do medio rural.


Non poderían participar como alumnos/as:
  • Menores de 16 e maiores de 65
  • Alumando do sistema educativo xeral, formación ocupacional, programas ocupacionais ou escolas-obradoiros.
  • Traballadores/as das administracións públicas.
  • Pensionistas.
As persoas que non poidan participar como alumnos/as, de estar interesadas, poderán asistir en condición de “ointes”.

As persoas participantes deberán aportar fotocopia do DI, da tarxeta sanitaria e do cupón da Seguridade Social (ou a cabeceira da nómina) do último mes.

Apúntate:
  • Nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá), 982130615 (SLG Ribadeo) ou 630970132 (Toño)
  • Neste correio
  • Nos locais do SLG da comarca da Mariña

Se coñeces algunha variedade tradicional de maceiras ou pereiras, ou sabes quen pode tela, fainolo saber para tentar reproducila e recuperala. Nomeadamente, fáltannos por atopar as seguintes variedades:

Mazaeiros:

  • BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo), TRES EN CUNCA, DE MANTECA, CALOSTRAS …

Pereiras:

  • URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO.