terça-feira, 21 de agosto de 2012

Xornadas de enxerto de xema



Volvemos ao traballo:

Os dias 8 e 15 de setembro imos iniciar-nos, ou mellorar a nosa técnica, no enxertado de xema.


PROGRAMA (provisional, suxeito a posíbeis cámbios):

Dia 8
Ás 11.00 horas:                                Presentación do proxecto e das xornadas.
De 11.30 a 12.00:                             Teoria: o enxerto de xema.
De 12.00 a 14.00.                             Práctica: cómo seleccionamos os enxertos.

De 16.00 a 18.00:                             Práctica de enxerto de xema.

Día 15
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00:        Práctica de enxertado de xema

As xornadas van ter lugar no lugar habitual; isto é: na finca de Hermínio Valiña, no Vilar, Santo Adrao, Lourenzá. Para os/as que non saibades chegar, picade aqui




No inverno pasado enxertamos (con maior ou menor éxito) as seguintes variedades de mazaeiros:
San Xoán, Espiño Branco, Villaviciosa, Camoesa, Alvarón, De duela, Repinaldo roxo, Ramona, Foxa e De Pedra.

Faltan-nos por atopar as seguintes:

DE ESPIÑO, TABARDILLA(s), BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, SANGRE DE TORO, CAMOESA, DE PERA, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo),TRES EN CUNCA, DE MAZUA, DE MANTECA, DE MESA, CALOSTRAS …

No tocante a pereiras, temos enxertado:
De compota, De péparo, Viuvello, Pereira de espiño, Verde manteca (Mazúa), De manteca, Antigas do Anexo, De auga do Anexo e Caramelón.

Fantan-nos por atopar, entre outras, as seguintes:
URRACA, URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO e DE GABÍN.


Se tedes localizadas, ou sabedes quén poida ter, algunha destas variedades que nos faltan, avisade-nos para recoller os enxertos.

Se estás interesado/a en participar, avisa-nos nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá) ou 630970132 (Toño).