terça-feira, 18 de dezembro de 2012

Cursiño de poda


Curso de poda de formación, elaborado polo noso amigo e colaborador Ramiro Martínez Picos.


Cursiño de poda




terça-feira, 21 de agosto de 2012

Xornadas de enxerto de xema



Volvemos ao traballo:

Os dias 8 e 15 de setembro imos iniciar-nos, ou mellorar a nosa técnica, no enxertado de xema.


PROGRAMA (provisional, suxeito a posíbeis cámbios):

Dia 8
Ás 11.00 horas:                                Presentación do proxecto e das xornadas.
De 11.30 a 12.00:                             Teoria: o enxerto de xema.
De 12.00 a 14.00.                             Práctica: cómo seleccionamos os enxertos.

De 16.00 a 18.00:                             Práctica de enxerto de xema.

Día 15
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00:        Práctica de enxertado de xema

As xornadas van ter lugar no lugar habitual; isto é: na finca de Hermínio Valiña, no Vilar, Santo Adrao, Lourenzá. Para os/as que non saibades chegar, picade aqui




No inverno pasado enxertamos (con maior ou menor éxito) as seguintes variedades de mazaeiros:
San Xoán, Espiño Branco, Villaviciosa, Camoesa, Alvarón, De duela, Repinaldo roxo, Ramona, Foxa e De Pedra.

Faltan-nos por atopar as seguintes:

DE ESPIÑO, TABARDILLA(s), BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, SANGRE DE TORO, CAMOESA, DE PERA, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo),TRES EN CUNCA, DE MAZUA, DE MANTECA, DE MESA, CALOSTRAS …

No tocante a pereiras, temos enxertado:
De compota, De péparo, Viuvello, Pereira de espiño, Verde manteca (Mazúa), De manteca, Antigas do Anexo, De auga do Anexo e Caramelón.

Fantan-nos por atopar, entre outras, as seguintes:
URRACA, URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO e DE GABÍN.


Se tedes localizadas, ou sabedes quén poida ter, algunha destas variedades que nos faltan, avisade-nos para recoller os enxertos.

Se estás interesado/a en participar, avisa-nos nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá) ou 630970132 (Toño).

segunda-feira, 19 de março de 2012

quinta-feira, 8 de março de 2012

Alegato a favor da Bio-diversidade


José Esquinas, experto en biodiversidade agrícola e membro da FAO durante trinta años, fala nesta entrevista de cómo o dereito aos alimentos é un dereito universal dos seres humanos e que, polo tanto, a loita contra a fame ten que ser unha prioridade dos gobernos a nivel planetario. Explica que para asegurar este dereito é necesario preservar e realizar un uso racional da biodiversidade agrícola, cuxa perda, tanto en especies como en variedades, se está dando de forma alarmante como consecuencia da acción depredadora dos mercados. Por último, informa sobre a posta en marcha do Tratado Internacional de Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura, impulsado pola FAO, que defende o dereito dos labregos e das labregas a participar con equidade dos beneficios obtidos do aproveitamento da biodiversidade.




 Pica no enlace seguinte para ver a entrevista



Video procedente de http://www.attac.tv/

sábado, 18 de fevereiro de 2012

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012

XORNADAS DE FRUTICULTURA NA MARIÑA


Recuperando as variedades locais de froiteiras.


Programa (provisional)

Sábado 18 de febreiro:
11.00 horas, no local do SLG en Lourenzá
Presentación das xornadas: Por qué recuperar as variedades
froiteiras tradicionais?. Cómo facemos?
16.00 horas,
Trasplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.

Sábado 25 de febreiro.
11.00 horas: A poda de formación
16.00 horas: Práctica de poda de formación

Sábado 3 de marzo
11.00 horas: A plantación de patróns e enxerto en mesa.

Sábado 10 de marzo
11.00 horas: Enxerto de cuña. Teoría e práctica



CUESTIÓNS A TER EN CONTA:
  • ¨ O programa que antecede pode sofrir cambios derivados de cuestións organizativas.
  • ¨ Agradece-se que nos comuniquedes por e-mail ou por teléfono (982121376 local do SLG en Lourenzá, ou 630970132 Toño) a vosa intención de participar.
  • ¨ Se coñeces algunha variedade tradicional de maceiras ou pereiras, ou sabes quen pode tela, fainolo saber para tentar reproducila e recuperala.
  • ¨ Fainos chegar tamén as túas suxestións para o mellor desenvolvimeto e aproveitamento destas xornadas.