quinta-feira, 11 de fevereiro de 2016
Froiteiras para trasplantar 2016
Adxuntase o listado de froiteiras que se poden transplantar neste inverno do 2016, que son as que enxertamos con éxito nas xornadas do ano pasado. Entra no seguinte enlace para ver a relación completa:
Listado de froiteiras
Fai a túa reserva no correio tonhovillarino@gmail.com ou no teléfone 630970132 (Toño). As peticións van-se atender por orden de recepción, e van ter preferencia as persoas que participaron nas xornadas formativas do ano pasado. Recomenda-se non pedir máis de tres exemplares dunha variedade.
segunda-feira, 25 de janeiro de 2016
Xornadas de fruticultura. Inverno 2016
As xornadas de fruticultura que vimos organizando nos últimos anos van ter continuidade neste 2016.
A temática vai ser a propia das datas: poda e enxerto.
A día de hoxe non temos financiación, polo que é posíbel que a participación non sexa gratuita, como viña sendo habitual. Seguimos buscando.
Se estás interesado/a en participar, apóntate chamando ao teléfone 630970132.
Màis información neste blogue nos próximos días.
sexta-feira, 21 de agosto de 2015
Xornada práctica de enxerto de xema
Recuperando as variedades locais de froiteiras.
Continuando co noso proxecto de recuperación de variedades locais de froiteiras, imos realizar una nova xornada práctica na que aprenderemos e practicaremos o enxerto de xema.
A xornada vai ter lugar o próximo día 12 de setembro, a partir das 11 da mañá, na finca que vimos utilizando en O Vilar, Santo Adrao (Lourenzá) (mapa Finca de enxertado).
Nesta ocasión imos enxertar mazaeiros e pereiras, nos patróns que deixamos plantados nas xornadas de inverno.
Se coñeces algunha variedade local que consideres interesante recuperar e multiplicar para evitar a súa desaparición, ponte ne contacto con nós.
Se queres participar, anótate no local do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá, ou no teléfono 630970132, antes do día 2 de setembro. As prazas son limitadas.
terça-feira, 10 de fevereiro de 2015
Froiteiras para transplatar 2015
Xa temos a relación de froiteiras que se poden transplantar neste inverno do 2015. Entra no seguinte enlace para ver a relación completa:
Listado de froiteiras para transplantar
Fai a túa reserva no correio tonhovillarino@gmail.com ou no teléfone 630970132 (Toño). As peticións van-se atender por orden de recepción. Recomenda-se non pedir máis de tres exemplares de cada variedade.
segunda-feira, 22 de dezembro de 2014
Curso de fruticultura: labores de inverno
Seguimos formándonos para disfrutar da fruticultura.
Neste inverno imos realizar un novo curso de fruticultura, cos mesmos obxectivos que vimos perseguindo nos últimos anos: aprender a traballar coas árbores froiteiras e, ao tempo, recuperar e poñer en valor as variedades locais tradicionais.
Esta acción formativa vai dirixida a persoas ocupadas, excepto do sector público, e persoas desempregadas demandantes de emprego.
As datas previstas para a realización do curso son os días 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo. As aulas teóricas van ter lugar na sede do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá.
Os temas tratar van ser as labores propias do inverno: transplante, poda, enxerto de pua, etc.
Todas as persoas interesadas poden recabar máis información neste blogue, no correio tonhovillarino@gmail.com ou nos teléfones 982121376 e 630970132.
terça-feira, 2 de setembro de 2014
Enxerto de xema en mazaeiros e pereiras
Recuperando as variedades locais de froiteiras.
XORNADA PRÁCTICA DE ENXERTO DE XEMA
O sábado 13 de setembro imos realizar a última das xornadas formativas previstas para este ano.
segunda-feira, 10 de fevereiro de 2014
Programa das xornadas de inverno: Poda e enxerto
FRUTICULTURA NA MARIÑA.
Recuperando as variedades locais de froiteiras
Días 22 de febreiro e 1, 8 e 15 de marzo. Lourenzá.
11.00 horas: Presentación
das xornadas: Por qué recuperar as variedades froiteiras tradicionais?. Cómo
facemos?
16.00 horas: Trasplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.
16.00 horas: Trasplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.
1 de
marzo.
11.00 horas: A poda de formación. Teoría.
16.00 horas: Práctica de poda de formación
11.00 horas: Enxerto de cuña en cerdeiras e ameixeiras.
15 de marzo
11.00 horas: Enxerto de cuña en mesa. Mazaeiros e pereiras
O programa pode
sufrir cambios derivados de cuestións organizativas.
As partes
teóricas van ter lugar no local do SLG de Lourenzá (Rúa Fernández del Riego, nº
5, 1ºC) e as prácticas na finca habitual.
A acción formativa vai dirixida a
persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
- Persoas ocupadas no mundo rural, calquera que sexa o seu réxime de cotización (RETA, SETA, R.XERAL, REASS) incluíndo a todos/as os/as ocupados/as do sector agrario, agroindustrial, Industria/Artesanía e servizos.
- Familiares (aínda non estando afiliados á seguridade social) de titulares dunha explotación agraria afiliado/a como agricultor/a por conta propia
- Persoas desempregadas do medio rural.
Non poderían participar como alumnos/as:
- Menores de 16 e maiores de 65
- Alumando do sistema educativo xeral, formación ocupacional, programas ocupacionais ou escolas-obradoiros.
- Traballadores/as das administracións públicas.
- Pensionistas.
As persoas que non poidan participar
como alumnos/as, de estar interesadas, poderán asistir en condición de
“ointes”.
As persoas
participantes deberán aportar fotocopia do DI, da tarxeta sanitaria e do cupón
da Seguridade Social (ou a cabeceira da nómina) do último mes.
Apúntate:
- Nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá), 982130615 (SLG Ribadeo) ou 630970132 (Toño)
- Neste correio
- Nos locais do SLG da comarca da Mariña
Se coñeces algunha variedade tradicional de maceiras ou pereiras, ou sabes quen pode tela, fainolo saber para tentar reproducila e recuperala. Nomeadamente, fáltannos por atopar as seguintes variedades:
Mazaeiros:
BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo), TRES EN CUNCA, DE MANTECA, CALOSTRAS …
Pereiras:
URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

