quarta-feira, 7 de agosto de 2013

Xornadas prácticas de enxerto de xema



Recuperando as variedades locais de froiteiras.


XORNADAS PRÁCTICAS DE ENXERTO DE XEMA

Días 31 de agosto e 14 de setembro de 2013. O Vilar, Santo Adrao



  




PROGRAMA (provisional, suxeito a posíbeis cambios):



Día 31 de agosto
Ás 11.00 horas:                    Presentación do proxecto e das xornadas.
De 11.30 a 12.00:                 Teoría: o enxerto de xema.
De 12.00 a 14.00:                 Práctica: cómo seleccionamos os enxertos.

De 16.00 a 19.00:                  Práctica de enxerto de xema.

Día 14 de setembro
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00:          Práctica de enxertado de xema.
  


DATOS DA ACTIVIDADE:

Días: 31 de agosto e 14 de setembro
Horario: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00.
Número de participantes: 15

Que se atopen en algunha das seguintes situacións:
Persoas ocupadas no mundo rural, calquera que sexa o seu réxime de cotización (RETA, SETA, R.XERAL, REASS) incluíndo a todos/as os/as ocupados/as do sector agrario, agroindustrial, Industria/Artesanía e servizos.
Familiares (aínda non estando afiliados á seguridade social) de titulares dunha explotación agraria afiliado/a como agricultor/a por conta propia
Persoas desempregadas do medio rural.

Non poderían participar como alumnos/as: 
Menores de 16 e maiores de 65.
O alumando do sistema educativo xeral, formación ocupacional, programas ocupacionais ou escolas-obradoiros.
Traballadores/as das administracións públicas.
Pensionistas.

As persoas que non poidan participar como alumnos/as, de estar interesadas, poderán asistir en condición de “ointes”.
As persoas participates deberán aportar fotocopia do DI, da tarxeta sanitaria e do cupón da Seguridade Social (ou a cabeceira da nómina) do último mes.
O curso vai-se realizar coas 15 primeiras persoas que nos comuniquen o seu interés por calquera dos seguintes medios
  •  Nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá), 982130615 (SLG Ribadeo) ou 630970132 (Toño)
  • No correio electrónico avillarino@mundo-r.com
  • Nos locais do SLG da comarca da Mariña



Ate este momento temos localizadas e reproducidas as seguintes variedades de maceiras:
San Xoán, Espiño Branco, Villaviciosa, Camoesa, Alvarón, De duela, Repinaldo roxo, Ramona, Foxa, De Pedra, de Mazúa, Minguella, Sen nome de Cedofeita, Branca Cerosa, Repinaldo(s), Tabardilla, do Anexo, de mesa, sangre de toro.

Faltan-nos por atopar as seguintes:
BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, CAMOESA, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo),TRES EN CUNCA, DE MANTECA, CALOSTRAS …

No tocante a pereiras, temos enxertado as seguintes:
De compota, De péparo, Viuvello, Pereira de espiño, Verde manteca (Mazúa), De manteca, Antigas do Anexo, De auga do Anexo e Caramelón, de Gabín, Urraca(s), Pera de outono (da Folgueirosa).

Fantan-nos por atopar, entre outras, as seguintes variedades:
URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO.

Se sabedes quén poida ter algunha destas variedades que nos faltan, ou outras que consideredes importante reproducir, avisade-nos para recoller os enxertos.
Máis información nos locais do Sindicato Labrego Galego ou no teléfono 630970132.

 


Sem comentários:

Enviar um comentário