-
Abrir
un furado dunhas
dimensións mínimas de 60 cm. de
lado e de fondo. Máis grande canto peor
sexa a calidade
do terreo e
canto máis
idade teña
o plantón.
Ao rematar, cavar
o fondo sen retirar a terra.
Para
plantar
comézase por
encher o furado
ata a altura conveniente para colocar a
planta, (tendo en conta que o enxerto
debe permaneoer
un mínimo de
10 cm. por
riba do nivel do terreo),
botando terra mesturada
con algún abono orgánico (de 10
a 20 L/árbore),
preferentemente esterco
vello ben descomposto ou compost.
-
Se
a planta ven en contedor:
Retira-la árbore
da maceta presionando
no Fondo da mesma ao tempo
que se tira con coidado da
planta. Débese
eliminar a terra
do exterior do cepellón (sobre un 30%)
para que
as raíces se
integren ben
no terreo.
-
Se
a planta
é a raíz descuberta debe prepararse
rebaixando algo as raíces moi longas e as
danadas
-
Colocar
a planta e acabar de encher
o furado con boa terra. Regar
ben, pero non
pisar se a
planta é de cepellón.
Sendo
a raiz
descuberta, pisar lixeiramente coa planta
do pé ao
rematar.
De alí a
un tempo acabar de encher o furado, xa que
adoita repisar a terra. Uns
15 días
antes da
brotación convén aplicar un fertilizante
para favorecer o crecimento da planta
Non
enterrar
o enxerto.
-
É
favorábel abrir
os furados
con un mes ou máis
de antelación.
-
Se
a terra do
cepellón está seca,
mergullar a maceta en auga
uns minutos. Se a planta é a raíz núa e se observan raíces
resecas tamén se fará o mesmo.
-
Non
convén plantar coa terra
moi mollada, moi seca ou con
xeada moi fortes
-
Débese
entitorar a froiteira se o sitio é moi
ventoso.
-
E
fundamental manter a planta limpa de
competencia herbácea
polo menos até a implantación total, e
prestar atención sobre todo ao ataque de pulgóns e fungos cando se
trate de variedades
sensíbeis.
-
O
primeiro ano, caso de que frutifique, non se lle deberá deixar
criar o froito, eliminándoo
cando se forme,
quitado que o
vigor da planta lle permita manter
unha mínima parte.
Sem comentários:
Enviar um comentário