quarta-feira, 7 de agosto de 2013

Xornadas prácticas de enxerto de xema



Recuperando as variedades locais de froiteiras.


XORNADAS PRÁCTICAS DE ENXERTO DE XEMA

Días 31 de agosto e 14 de setembro de 2013. O Vilar, Santo Adrao



  




PROGRAMA (provisional, suxeito a posíbeis cambios):



Día 31 de agosto
Ás 11.00 horas:                    Presentación do proxecto e das xornadas.
De 11.30 a 12.00:                 Teoría: o enxerto de xema.
De 12.00 a 14.00:                 Práctica: cómo seleccionamos os enxertos.

De 16.00 a 19.00:                  Práctica de enxerto de xema.

Día 14 de setembro
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00:          Práctica de enxertado de xema.
  


DATOS DA ACTIVIDADE:

Días: 31 de agosto e 14 de setembro
Horario: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00.
Número de participantes: 15

Que se atopen en algunha das seguintes situacións:
Persoas ocupadas no mundo rural, calquera que sexa o seu réxime de cotización (RETA, SETA, R.XERAL, REASS) incluíndo a todos/as os/as ocupados/as do sector agrario, agroindustrial, Industria/Artesanía e servizos.
Familiares (aínda non estando afiliados á seguridade social) de titulares dunha explotación agraria afiliado/a como agricultor/a por conta propia
Persoas desempregadas do medio rural.

Non poderían participar como alumnos/as: 
Menores de 16 e maiores de 65.
O alumando do sistema educativo xeral, formación ocupacional, programas ocupacionais ou escolas-obradoiros.
Traballadores/as das administracións públicas.
Pensionistas.

As persoas que non poidan participar como alumnos/as, de estar interesadas, poderán asistir en condición de “ointes”.
As persoas participates deberán aportar fotocopia do DI, da tarxeta sanitaria e do cupón da Seguridade Social (ou a cabeceira da nómina) do último mes.
O curso vai-se realizar coas 15 primeiras persoas que nos comuniquen o seu interés por calquera dos seguintes medios
  •  Nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá), 982130615 (SLG Ribadeo) ou 630970132 (Toño)
  • No correio electrónico avillarino@mundo-r.com
  • Nos locais do SLG da comarca da Mariña



Ate este momento temos localizadas e reproducidas as seguintes variedades de maceiras:
San Xoán, Espiño Branco, Villaviciosa, Camoesa, Alvarón, De duela, Repinaldo roxo, Ramona, Foxa, De Pedra, de Mazúa, Minguella, Sen nome de Cedofeita, Branca Cerosa, Repinaldo(s), Tabardilla, do Anexo, de mesa, sangre de toro.

Faltan-nos por atopar as seguintes:
BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre, MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, CAMOESA, SAN XOAN roxa, SAN XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo),TRES EN CUNCA, DE MANTECA, CALOSTRAS …

No tocante a pereiras, temos enxertado as seguintes:
De compota, De péparo, Viuvello, Pereira de espiño, Verde manteca (Mazúa), De manteca, Antigas do Anexo, De auga do Anexo e Caramelón, de Gabín, Urraca(s), Pera de outono (da Folgueirosa).

Fantan-nos por atopar, entre outras, as seguintes variedades:
URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO.

Se sabedes quén poida ter algunha destas variedades que nos faltan, ou outras que consideredes importante reproducir, avisade-nos para recoller os enxertos.
Máis información nos locais do Sindicato Labrego Galego ou no teléfono 630970132.

 


quarta-feira, 13 de fevereiro de 2013

Programa das xornadas de inverno




XORNADAS DE FRUTICULTURA NA MARIÑA


Recuperando as variedades locais de froiteiras.

 

Programa: 

 
Sábado 23 de febreiro:
11.00 horas: Presentación das xornadas.
Por que recuperar as variedades froiteiras tradicionais?. Como facemos?

16.00 horas: Transplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.










 

 


Sábado 2 de marzo.

11.00 horas: A poda de formación. Teoría.


16.00 horas: Práctica de poda de formación






 






Sábado 9 de marzo
11.00 horas: Enxerto de cuña en cerdeiras e ameixeiras.


Sábado 23 de marzo
11.00 horas: Enxerto de cuña en mesa. Mazaeiros e pereiras









CUESTIÓNS A TER EN CONTA:
  • O programa que antecede pode sofrir cambios derivados de cuestións organizativas.
  • As partes teóricas van ter lugar no local do SLG de Lourenzá (Rúa Fernández del Riego, nº 5, 1ºC) e as prácticas na finca habitual. Aquí
  • Agradece-se que nos comuniquedes por e-mail ou por teléfono (982121376 local do SLG en Lourenzá, ou 630970132 Toño) a vosa intención de participar.
  • Se coñeces algunha variedade tradicional de maceiras ou pereiras, ou sabes quen pode tela, fainolo saber para tentar reproducila e recuperala.
  • Temos que trasplantar un bon número de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores (mazaeiros, pereiras, ameixeiras e cerdeiras): Vai buscando sitio para plantalas (segundo o lunario, o domingo 24 e o luns 25 de febreiro, son días mui propicios para a plantación de froiteiras –lúa en fase descendente e constelación de froito-). Se tes preferencia por algunha variedade, pídea.


terça-feira, 18 de dezembro de 2012

Cursiño de poda


Curso de poda de formación, elaborado polo noso amigo e colaborador Ramiro Martínez Picos.


Cursiño de poda