quinta-feira, 31 de agosto de 2017

Xornadas de enxerto de xema
















Os días 16 e 23 de setembro imos realizar as habituais xornadas de enxerto de xema, en mazaeiros e en pereiras.

Se estás interesada en iniciarte nesta práctica, ou en mellorar as túas habiliades, infórmate e apóntate nos locais do SLG da comarca da Mariña o máis axiña posíbel. As prazas son limitadas.





sexta-feira, 10 de março de 2017

Consellos para a plantación dunha froiteira.








  1. Abrir un furado dunhas dimensións mínimas de 60 cm. de lado e de fondo. Máis grande canto peor sexa a calidade do terreo e canto máis idade teña o plantón. Ao rematar, cavar o fondo sen retirar a terra.
  2. Para plantar comézase por encher o furado ata a altura conveniente para colocar a planta, (tendo en conta que o enxerto debe permaneoer un mínimo de 10 cm. por riba do nivel do terreo), botando terra mesturada con algún abono orgánico (de 10 a 20 L/árbore), preferentemente esterco vello ben descomposto ou compost.
  3. Se a planta ven en contedor: Retira-la árbore da maceta presionando no Fondo da mesma ao tempo que se tira con coidado da planta. Débese eliminar a terra do exterior do cepellón (sobre un 30%) para que as raíces se integren ben no terreo.
  4. Se a planta é a raíz descuberta debe prepararse rebaixando algo as raíces moi longas e as danadas
  5. Colocar a planta e acabar de encher o furado con boa terra. Regar ben, pero non pisar se a planta é de cepellón. Sendo a raiz descuberta, pisar lixeiramente coa planta do pé ao rematar. De aa un tempo acabar de encher o furado, xa que adoita repisar a terra. Uns 15 días antes da brotación convén aplicar un fertilizante para favorecer o crecimento da planta
  1. Observacións:
  • Non enterrar o enxerto.
  • É favorábel abrir os furados con un mes ou máis de antelación.
  • Se a terra do cepellón está seca, mergullar a maceta en auga uns minutos. Se a planta é a raíz núa e se observan raíces resecas tamén se fará o mesmo.
  • Non convén plantar coa terra moi mollada, moi seca ou con xeada moi fortes
  • Débese entitorar a froiteira se o sitio é moi ventoso.
  • E fundamental manter a planta limpa de competencia herbácea polo menos até a implantación total, e prestar atención sobre todo ao ataque de pulgóns e fungos cando se trate de variedades sensíbeis.
  • O primeiro ano, caso de que frutifique, non se lle deberá deixar criar o froito, eliminándoo cando se forme, quitado que o vigor da planta lle permita manter unha mínima parte.

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2017

Xornadas de poda e enxerto. Inverno 2017


Xa estamos en tempo de podar. E logo imos chegar as datas acaídas para o enxerto de púa. Unha vez máis chamamos a todas as persoas interesadas en todo o mundo da fruticultura a unhas xornadas formativas nas que imos aprender a podar e a enxertar, ou adquirir novos coñecementos e mellorar as nosas prácticas no caso das xa iniciadas.

Cándo: días 25 de febreiro, 4, 11 e 18 de marzo.
Horário: de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.
Ónde: Local do SLG en Lourenzá (Avda. Fernádez del Riego, nº 5, 1ºC). As prácticas vanse realizar en diversas fincas da zona.

Poden participar: Mulleres (calquera que sexa a súa situación laboral) homes activos agrarios e parentes en primeiro grado. As persoas interesadas que non esteñan nestas situacións poderán asistir como oíntes.

Para asistir é necesario anotarse no local do SLG en Lourenzá, nos teléfonos 982121376 e 630970132 ou nos correios tonhovillarino@gmail.com e lourenza@sindicatolabrego.com

Xa quedan mui poucas prazas.






sexta-feira, 2 de setembro de 2016

Xornada de enxerto de xema





O sábado 10 de setembro imos ter a xornada de fruticultura na que aprenderemos e practicaremos o enxerto de xema.

O horario vai ser de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, no lugar habitual: O Vilar, Santo Adrao, Lourenzá (Finca de enxertado)

É conveniente anotarse no teléfono 630970132

quinta-feira, 11 de fevereiro de 2016

Froiteiras para trasplantar 2016


Adxuntase o listado de froiteiras que se poden transplantar neste inverno do 2016, que son as que enxertamos con éxito nas xornadas do ano pasado. Entra no seguinte enlace para ver a relación completa:

Listado de froiteiras


Fai a túa reserva no correio tonhovillarino@gmail.com ou no teléfone 630970132 (Toño). As peticións van-se atender por orden de recepción, e van ter preferencia as persoas que participaron nas xornadas formativas do ano pasado. Recomenda-se non pedir máis de tres exemplares dunha variedade.

segunda-feira, 25 de janeiro de 2016

Xornadas de fruticultura. Inverno 2016


As xornadas de fruticultura que vimos organizando nos últimos anos van ter continuidade neste 2016.

As datas previstas para a realización das primeiras son os días 20 e 27 de febreiro e 5 e 12 de marzo.

A temática vai ser a propia das datas: poda e enxerto.

A día de hoxe non temos financiación, polo que é posíbel que a participación non sexa gratuita, como viña sendo habitual. Seguimos buscando.

Se estás interesado/a en participar, apóntate chamando ao teléfone 630970132.


Màis información neste blogue nos próximos días.

sexta-feira, 21 de agosto de 2015

Xornada práctica de enxerto de xema

 

 

Recuperando as variedades locais de froiteiras.

 

Continuando co noso proxecto de recuperación de variedades locais de froiteiras, imos realizar una nova xornada práctica na que aprenderemos e practicaremos o enxerto  de xema.

A xornada vai ter lugar o próximo día 12 de setembro, a partir das 11 da mañá, na finca que vimos utilizando en O Vilar, Santo Adrao (Lourenzá) (mapa Finca de enxertado).

Nesta ocasión imos enxertar mazaeiros e pereiras, nos patróns que deixamos plantados nas xornadas de inverno.

Se coñeces algunha variedade local que consideres interesante recuperar e multiplicar para evitar a súa desaparición, ponte ne contacto con nós.

Se queres participar, anótate no local do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá, ou no teléfono 630970132, antes do día 2 de setembro. As prazas son limitadas.