terça-feira, 18 de dezembro de 2012
Cursiño de poda
Curso de poda de formación, elaborado polo noso amigo e colaborador Ramiro Martínez Picos.
Cursiño de poda
terça-feira, 21 de agosto de 2012
Xornadas de enxerto de xema
Volvemos ao traballo:
Os dias 8 e 15 de setembro imos iniciar-nos, ou mellorar a nosa técnica, no enxertado de xema.
PROGRAMA
(provisional, suxeito a posíbeis cámbios):
Dia 8
Ás 11.00 horas: Presentación
do proxecto e das xornadas.
De 11.30 a
12.00: Teoria: o enxerto de xema.
De 12.00 a
14.00. Práctica: cómo seleccionamos os enxertos.
De 16.00 a
18.00: Práctica de enxerto de xema.
Día 15
De 11.00 a 14.00
e de 16.00 a 18.00: Práctica de
enxertado de xema
As xornadas van ter lugar no lugar habitual; isto é: na finca de Hermínio Valiña, no Vilar, Santo Adrao, Lourenzá. Para os/as que non saibades chegar, picade aqui
No inverno pasado
enxertamos (con maior ou menor éxito) as seguintes variedades de mazaeiros:
San Xoán, Espiño
Branco, Villaviciosa, Camoesa, Alvarón, De duela, Repinaldo roxo, Ramona, Foxa
e De Pedra.
Faltan-nos por atopar as seguintes:
DE ESPIÑO, TABARDILLA(s), BELLEZA ROMA, MINGÁS Fuciño de lebre,
MAZÁ DE LIBRA, MOURAS, SANGRE DE TORO, CAMOESA, DE PERA, SAN XOAN roxa, SAN
XOAN branca, DE PERUCO (Repinaldo roxo),TRES EN CUNCA, DE MAZUA, DE MANTECA, DE
MESA, CALOSTRAS …
No tocante a pereiras,
temos enxertado:
De compota, De péparo, Viuvello, Pereira de espiño, Verde
manteca (Mazúa), De manteca, Antigas do Anexo, De auga do Anexo e Caramelón.
Fantan-nos por atopar, entre outras, as seguintes:
URRACA, URRACA DE INVERNO, CASTELLANA, DE CEDO e DE GABÍN.
Se tedes localizadas, ou sabedes quén poida ter, algunha destas variedades que nos faltan,
avisade-nos para recoller os enxertos.
Se estás interesado/a en participar, avisa-nos nos teléfonos
982121376 (SLG Lourenzá) ou 630970132 (Toño).
segunda-feira, 19 de março de 2012
quinta-feira, 8 de março de 2012
Alegato a favor da Bio-diversidade
José Esquinas, experto en biodiversidade agrícola e membro da FAO durante trinta años, fala nesta entrevista de cómo o dereito aos alimentos é un dereito universal dos seres humanos e que, polo tanto, a loita contra a fame ten que ser unha prioridade dos gobernos a nivel planetario. Explica que para asegurar este dereito é necesario preservar e realizar un uso racional da biodiversidade agrícola, cuxa perda, tanto en especies como en variedades, se está dando de forma alarmante como consecuencia da acción depredadora dos mercados. Por último, informa sobre a posta en marcha do Tratado Internacional de Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura, impulsado pola FAO, que defende o dereito dos labregos e das labregas a participar con equidade dos beneficios obtidos do aproveitamento da biodiversidade.
Pica no enlace seguinte para ver a entrevista
segunda-feira, 5 de março de 2012
segunda-feira, 27 de fevereiro de 2012
sábado, 18 de fevereiro de 2012
Subscrever:
Mensagens (Atom)